O Concello de Ribadeo aposta un ano máis pola moeda local Pancha para dinamizar o comercio e a hostalaría.

Nesta cuarta edición, serán 200.000 Panchas as que se porán a rodar para canxear dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro ou ata esgotar o crédito, se esto ocorrese antes.

MERCA AS TÚAS PANCHAS E APOSTA POLA VIDA LOCAL DENDE O 1 DE OUTUBRO ATA O 31 DE DECEMBRO

O sistema de pago e cobro será DIXITAL,  pero este ano contaremos con algunhas novidades e melloras.